O magosto é unha das nosas festas más tradicionais, e canto nos gusta festexalo!
A semana pasada fixemos na escola distintas actividades relacionadas co magosto. Nas aulas fixemos manualidades, murais e xogos relacionados con esta festividade. O venres 12 celebrámolo no patio con xogos tradicionais e degustación de castañas e boliños de pan con chourizo.
Algúns dos xogos que realizamos foron:
-Infantil: "Carreta as castañas na carretilla", "Leva a castaña polo camiño" e "A castaña polo aro"
-Primaria: "Encesta a castaña", "Transporta a castaña", "O circuíto da castaña", "3 en raia con castañas" e "Pon cara á castaña".
Para participar nos xogos distribuímonos en 2 turnos (de 10:00h a 11:15h o primeiro e de 12:30 a 13:45h o segundo). No primeiro turno realizaron os xogos o alumnado de infantil, 1º, 2ºA, 2ºB e 3ºA. No segundo turno xogou o alumnado de 3ºB, 4º, 5º e 6º. Sempre respectando os grupos burbulla e as medidas do protocolo Covid do centro.
Nos tempos de recreo comemos os boliños e as castañas, acompañados de música.
A continuación deixamos unha pequena mostra do noso magosto, que divertido!