lunes, 10 de noviembre de 2014


REFRÁNS  PARA  NOVEMBRO

Polo San Martiño, castañas, noces e bo viño.
O que cava no mes de Santos, perde o tempo e o traballo.

REFRÁNS PARA O ANO

DO MES DE NOVEMBRO TEMOS OS SEGUINTES REFRÁNS:

A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.


Por Santos neve nos campos e por San Andrés nevaradas tres.


Bendito mes, que comeza con Santos e remata con San Andrés.


O que vai ao San Andrés e aló dorme, nun mes vai e noutro volve.


Polo San Martiño, acaba a sementeira e barra o teu viño.






 

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa