lunes, 13 de abril de 2015

REFRÁNS PARA O MES DE ABRIL

Nunca choveu que non escampara.

En abril augas mil.

Se ves a cobra antes de San Marcos,inda verás a neve nos campos.

Seméntesme tarde seméntesme cedo,ata o mes de abril non me verás o pelo.

A vella que soubo vivir, gardou pan para maio e leña para abril.

En abril queima a moza o mandil.
 



MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa