viernes, 19 de diciembre de 2014

Felicitación de Nadal

O EDLG do C.E.I.P. Manuel Respino dséxavos un BO NADAL, próspero aninovo e que os Reis veñan moi cargados de agasallos e tamén de ledicia.
 Disfrutade moito das festas, cantade panxoliñas, comede lambetadas e non esquezades...





DARLLE MOITO Á LINGUA!!!!

viernes, 5 de diciembre de 2014


REFRÁNS  PARA  DECEMBRO



Decembro, mes de Nadal, mes de capón a carón.

Non esperes para Nadal o que non recolliches en maio.

Para que o ano non vaia mal, hanse encher 3 veces os ríos entre San Mateu e Nadal.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa