viernes, 1 de julio de 2016

OUTRO CURSO QUE REMATA

    Para poñermos punto e final ao curso 2015-2016, fixemos unha festa de despedida na que non faltaron xogos tradicionais e disfrutamos coa actuación do Mago Teto.
    E agora toca gozar do merecido descanso mais non esquezas darlle moito á lingua; sempre na Lingua Galega, porque é nosa e porque é fermosa.

Feliz verán a todos e todas e...  

Ata Setembro!!!.

REFRANEIRO ANUAL

"Os nenos debuxarán

para cada mes un refrán"

(en construción)

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa