lunes, 8 de febrero de 2010

ENTROIDO 2010

O noso equipo convocou, para os próximos días nos que se vai a celebrar o Entroido, un concurso de caretas e todo tipo de antifaces entre os nenos e nenas de todo o colexio. Éstes expoñeranse nun tablón á entrada do colexio para que todos e todas as vexamos e así tamén ambientarán o centro para a festa de disfraces que se fará o venres pola tarde.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa