miércoles, 6 de abril de 2011

CONTACONTOS BOCABERTA

No pasado mes de marzo viñeron ata o noso centro uns contacontos de Bocaberta e contaxiáronnos de maxia e ledicia por uns intres. A actuación tivo como público ao alumnado de Educación Infantil e primeiro de ciclo de Educación Primaria.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa