Estes son os refáns recollidos por vós referentes ao mes de febreiro:
Febreiro,
sete capas e un sombreiro.
Se a Candeloria chora
medio inverno vai fóra.
Que chore que deixe de chorar,
a metade do inverno está sen pasar.
Se durara máis febreiro,
non quedaba can nin gato
nin ovella nin carneiro
nin orella ao pegoreiro.
Come máis unha xeada de febreiro
ca todos os cabalos do reino.
Se queres ter abellas
míraas polas Candeas,
Se queres ter mel,
míraas polo San Miguel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
MENÚS DA VILA EN GALEGO
Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.
De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.
Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.
¡Esperamos a súa colaboración!
De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.
Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.
¡Esperamos a súa colaboración!
Sobre nós
Popular Posts
-
Nunca choveu que non escampara. En abril augas mil. Se ves a cobra antes de San Marcos, inda verás a neve nos campos. Seméntesme tarde...
-
Estes son os refráns recollidos polo alumnado que fan referencia ao mes de xuño: Polo San Xoán, a sardiña molla o pan. Ata o corenta de ...
-
Entroido CHEGA O ENTROIDO (Culturagalega.org) O ENTROIDO ( web educativa municipal do Concello da Coruña) COLECCIÓN DE RECURSOS...
-
Actividades LIM sobre o Outono, o Samaín e o Magosto
-
Estes son os refráns que recollestes referentes ao mes de xaneiro: - No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro. - Se queres ter bo alleiro...
-
ROSALÍA DE CASTRO (1837 - 1885) Nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do ano 1837, Foi bautizadacos nomes de María...
-
Estes son os refráns que fan referencia ao mes de marzo: Martes de Entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa. Marzo marzán, p...
SOBRE NÓS
Este blog foi creado
polo Equipo de
Normalización
Lingüistica do CEIP
Manuel Respino de
A Rúa
No hay comentarios:
Publicar un comentario