miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALIA



O Mércores 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía.
Recollemos poemas que moitos autores lle adicaron á nosa escritora e colocámolos no taboleiro baixo o título "Cantares para Rosalía". Xunto a eles colocamos unha selección dos Cantares de Rosalía.

Lembramos a vida e a obra de Rosalía

Recitamos poemas de Cantares Gallegos

Cantamos "Adiós ríos, adiós fontes"

domingo, 7 de febrero de 2016

ENTROIDO

O día 5 de febreiro celebramos o entroido no colexio.

CHEGOU O ENTROIDO




ESCRIBIMOS RECEITAS 

DE SOBREMESAS ....










E DECORAMOS MÁSCARAS!!!

 

 

 

 

 

HOUBO CONCURSO DE SOBREMESAS


Menudos doces máis saborosos trouxeron as nosas familias !!!
E lucimos uns disfraces moi divertidos:

Meigas, trasnos, elfos, sereas, deuses e deusas do mar e do Olimpo, .... encheron de cor o noso cole.


DIA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, escribimos mensaxes e poemiñas que colocamos nun mural dunha árbore na entrada do colexio.


MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa