8 de marzo, un día sinalado para todos por ser o día da muller traballadora. Para facer mención a isto, os nenos e nenas do CEIP Manuel Respino fixeron diversas actividades, son uns artistas!
Aquí deixamos unha mostra das mesmas.
INFANTIL: Os nenos/as deste ciclo fixeron debuxos das súas mulleres traballadoras, cos que logo farán un libriño para a aula.
1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Os alumnos/as deste curso traballaron sobre Frida e fixeron este mural para conmemorar este día.
3º EDUCACIÓN PRIMARIA: Os nenos/as de 3º investigaron acerca de mulleres científicas. Fixeron un mural e vídeos explicativos sobre o que aprenderon das mulleres científicas.
4º EDUCACIÓN PRIMARIA: Realizaron unha tarefa conxunta que consistíu en escribir en cada flor un adxetivo, para posteriormente construir unha maceta de cualidades das mulleres, e así de ben quedou!
No hay comentarios:
Publicar un comentario