-Creamos un mural na entrada do centro, que invita a xogar con elementos do Samaín. Por exemplo, encontrar o gato ou a bruxa diferente.
O alumnado do terceiro ciclo de primaria colaborou na elaboración do mural.
-Elaboramos un photocall terrorífico de Samaín co que inmortalizamos bos momentos.
-Ambientamos as nosas aulas con elementos moi terroríficos. Tamén fixemos manualidades de moito medo na materia de plástica
- Gravamos audio contos de medo en galego nos que o alumnado deu voz aos personaxes. Logo o equipo de TICs elaborou a montaxe e publicounos na páxina web. Podedes visualizalos pinchando aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario