Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas.. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de mayo de 2021

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON XELA ARIAS

 Hoxe celebramos unha das conmemoracións máis relevantes: o día das letras galegas. O alumnado do CEIP Manuel Respino estivo traballando moito acerca desta festividade e da autora homenaxeada: Xela Arias. Aqú vos deixamos unha mostra dos traballos realizados:

-Os máis cativos, os nenos e nenas de infantil, elaboraron murais coas súas palabras preferidas en galego. Tamén viron contos e vídeos sobre a autora, e realizaron unidades didácticas.





-Os nenos e nenas de primaria fixeron minilibros sobre a autora, murais, unidades didácticas, xogos interactivos... 




-E o alumnado de primaria tamén decorou as súas palabras preferidas en galego, e con todas elas creamos este mural na entrada do colexio. 



martes, 11 de mayo de 2021

RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

O 17 de Maio é unha das datas máis representativas para a nosa lingua, cultura e tradición. Este ano adícaselle o día a XELA ARIAS, escritora, traductora e profesora galega. 

Esta semana estamos traballando nas aulas acerca desta poeta, e queremos compartir con vós algúns recursos sobre ela. 


                                                       -PRESENTACIÓN acerca da autora.

                                                          -ACTIVIDADES INTERACTIVAS

-Actividades propostas polo SEMINARIO GALÁN


-BLOG DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS

-RECURSOS do portal da lingua galega



                                                                VÍDEOS SOBRE XELA ARIAS:


                                                            -Canción con pictogramas Xela Arias



-Vida e obra de Xela Arias


-Darío a diario.


domingo, 17 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvahlo Calero, pero a súa celebración física tivo que ser aplazada ao mes de outubro.
No noso blog imos celebralo coñecendo un pouco a figura deste autor galego.

Biografía ilustrada por alumnos do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña)


O Seminario Galán ofrécenos todos os anos unha compilación de actividades para infantil e primaria, clasificadas por idades e que ofrecen a posibilidade de traballar en liña ou en papel.

Documentos para imprimir.
Actividades en liña.
Álbum de fotos.

Por último animádevos a ler o conto dos Bolechas, adicado a Carvahlo Calero.

Os Bolechas

jueves, 16 de mayo de 2019

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

Este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Antón Fraguas.
Traballamos nas aulas mediante unidades didácticas e actividades interactivas. Expuxemos murais e libros sobre o autor.
No patio, lemos a súa biografía e recitamos cantigas que recolleu este autor, como o casamento do piollo e maila pulga, o bolo, Carpinteiro de Ribeira... e tamén disfrutamos dunha magnífica banda de música tradicional, composta polo alumnado do noso centro.
Entregamos tamén os premios ao alumnado gañador do concurso "Sábelo ti?" e "Receitas da avoa".
A continuación podemos ver algunhas fotos deste evento. Feliz Día das Letras Galegas!!
 
 

domingo, 31 de marzo de 2019

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS


Antonio Fraguas Fraguas

O antropólogo, xeógrafo e historiador Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 na vila pontevedresa de Cotobade. Sendo estudante de bacharelato fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun dicionario.
En 1928 formou parte do Seminario de Estudos Galegos que foi clausurado pola ditadura militar despois da Guerra Civil.
Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que chegou a ser director da Sección de Etnografía e Folclore.
En 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o posto de Alfonso D. Rodríguez Castelao.
Dirixiu o Museo do Pobo Galego ata o seu falecemento en 1999.

- Documentos e actividades para imprimir

- Actividades interactivas (EdiLim)

 - Descargables, interactivos... (Primavera das Letras)

- OUTRAS:
.. Ficha 1
.. Ficha 2
.. Ficha 3






MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos