lunes, 21 de marzo de 2022

ENTROIDO

 A última semana de febreiro festexamos o entroido na escola.

Tivemos de meca a nosa autora Rosalía de Castro, que nos ía indicando as comandas de cada día. O venres 25 disfrazámonos por aulas, seguindo a temática de biblioteca deste curso cada aula disfrazouse dun xogo/xoguete e os mestres convertémonos en nenos/as.

Merendamos chocolate con churros, que rico!! e logo vestimos os nosos disfraces e desfilamos con música no patio do centro. Pasámolo xenial!











               Pincha aquí para visualizar o vídeo do desfile.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos