Neste curso escolar, desde a Biblioteca estamos investigando sobre diferentes inventos, inventores e experimentos, por este motivo este Entroido foi adicado ao tema "Os inventos": puidemos ver desde creacción de lambetadas, xogos de mesa, científicos, astronautas, emoticonos do WhatsApp, autoxiros, semáforo e moitos inventos domésticos como o microondas, un teléfono antigo, lámpadas... Agradecer especialmente a todolos pais e nais e a ANPA pola súa implicación na elaboración e confección dos disfraces e de doces e lambetadas de Entroido, e participar tamén no desfile disfrazados do cubo de Rubik.
Agradecementos especiais ao Concello de A Rúa e, en especial, ao alcalde desta localidade, poñendo a nosa disposición tanto o coche do Concello de A Rúa, que decoramos para a ocasión, efectivos da Protección Civil e a Policía Local, quenes nos acompañaron durante todo o traxecto e regularon o tráfico para que non se producira ningún tipo de incidencia.
Despois das "ordes" que nos deu a meca investigadora Dona Manuela Respina durante toda a semana tiñamos que rematar cunha gran festa de disfraces, na que ademais de desfile, puidemos compartir unha merendola no patio con todo o alumnado, profesorado e persoal colaborador e con música propia desta festa.
A continuación expoñemos algunhas fotos desta celebración:
No hay comentarios:
Publicar un comentario