8 de marzo, celebramos o día internacional da MULLER
A actividade foi organizada por Cruz Vermella implicando aos centros escolares e agora as camisetas lucirán
en escaparates de establecementos comerciais
Alumnos do noso centro escolar participaron nunha actividade programada pola Cruz Vermella Mocidade e o Plan de Emprego da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Valdeorras, para a elaboración e pintado de 30 camisetas con motivo do Día Internacional da Muller. Nenas e nenos explicaron na Casa da Cultura da Rúa en que basearon os seus deseños, poñendo o valor da igualdade sempre por diante. O obxectivo desta actividade da Cruz Vermella consistiu en dar visibilidade á muller desde unha perspectiva sociolaboral, perseguindo así favorecer a reflexión da cidadanía sobre a loita contra os estereotipos e prexuízos arraigados en torno ao papel da muller.
8 DE MARZO MULLERES EMPODERADAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario