lunes, 21 de marzo de 2022

ENTROIDO

 A última semana de febreiro festexamos o entroido na escola.

Tivemos de meca a nosa autora Rosalía de Castro, que nos ía indicando as comandas de cada día. O venres 25 disfrazámonos por aulas, seguindo a temática de biblioteca deste curso cada aula disfrazouse dun xogo/xoguete e os mestres convertémonos en nenos/as.

Merendamos chocolate con churros, que rico!! e logo vestimos os nosos disfraces e desfilamos con música no patio do centro. Pasámolo xenial!











               Pincha aquí para visualizar o vídeo do desfile.

miércoles, 9 de marzo de 2022

23 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO

Unha das datas máis sinaladas no noso calendario é o día de Rosalía.

Este ano festexámolo na escola á par do entroido. Rosalía foi a nosa meca deste curso, a que nos indicaba as ordes a seguir cada día da semana.

Adamáis, os nenos fixeron libriños sobre a autora e tamén decoraron pétalos por aulas para constituír a flor de Rosalía. Cada pétalo estaba decorado con un poema ou unhas verbas da autora. 

Feliz día Rosalía!










DÍA DE ROSALÍA

sábado, 5 de marzo de 2022

O NADAL

Decoramos o colexio con motivos do Nadal, poñendo árbores cargadiñas de xoguetes, en colaboración co equipo de extraescolares e biblioteca. O alumnado axudounos a decorar e así de bonito quedou!





Tamén continuamos co tradicional concurso de postais navideñas, as cales formaron parte da decoración do colexio. Algunhas delas son as que se mostran a continuación:





jueves, 3 de marzo de 2022

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero. Cada neno decorou unha pluma e con todas elas creamos unhas ás máxicas para voar alto. Logo montamos un photocall, e así de guapos e guapas quedaron os nen@s!


MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos