lunes, 17 de mayo de 2021

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON XELA ARIAS

 Hoxe celebramos unha das conmemoracións máis relevantes: o día das letras galegas. O alumnado do CEIP Manuel Respino estivo traballando moito acerca desta festividade e da autora homenaxeada: Xela Arias. Aqú vos deixamos unha mostra dos traballos realizados:

-Os máis cativos, os nenos e nenas de infantil, elaboraron murais coas súas palabras preferidas en galego. Tamén viron contos e vídeos sobre a autora, e realizaron unidades didácticas.





-Os nenos e nenas de primaria fixeron minilibros sobre a autora, murais, unidades didácticas, xogos interactivos... 




-E o alumnado de primaria tamén decorou as súas palabras preferidas en galego, e con todas elas creamos este mural na entrada do colexio. 



martes, 11 de mayo de 2021

RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

O 17 de Maio é unha das datas máis representativas para a nosa lingua, cultura e tradición. Este ano adícaselle o día a XELA ARIAS, escritora, traductora e profesora galega. 

Esta semana estamos traballando nas aulas acerca desta poeta, e queremos compartir con vós algúns recursos sobre ela. 


                                                       -PRESENTACIÓN acerca da autora.

                                                          -ACTIVIDADES INTERACTIVAS

-Actividades propostas polo SEMINARIO GALÁN


-BLOG DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS

-RECURSOS do portal da lingua galega



                                                                VÍDEOS SOBRE XELA ARIAS:


                                                            -Canción con pictogramas Xela Arias



-Vida e obra de Xela Arias


-Darío a diario.


MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa