martes, 31 de octubre de 2017

MAGOSTO 2017

Este curso 2017-2018 adiantamos a conmemoración do magosto unha semana polo adianto sufrido na recolección das castañas.
Deste xeito, celebraremos o magosto no noso centro o venres 3 de novemebro comendo as castañas, facendo xogos populares e bailando ao son da música galega.

Por iso, consideramos necesario que os nenos e nenas traian castañas da casa, xa que se necesitan para os xogos e, sobre todo, para comer.

Feliz magosto 2017!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa