jueves, 30 de junio de 2016

LETRAS GALEGAS

O día 18 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas.
O  homenaxeado foi o escritor chairego Manuel María.

Grazas, profe Javi, polos  debuxos tan bonitos que  fas !!!

 

"Os soños na gaiola" é un libro de poemas para nenos. Así o vimos nós:

(en construción)

OS MAIOS

Este ano quixemos saber qué son os maios.

E os nenos e nenas de 4 anos fixeron un mural moi bonito.

ENCONTRO CUN AUTOR

Con motivo da semana do libro, visitounos David Daniel Vázquez Älvarez, mestre e escritor valdeorrés.

David ten escritos contos, teatro e novela.


 
David escribiu libros moi fermosos como: "Na Solaina", "O ruliño branco", "Orballo da mañá" "O aprendiz de druída", ...
  

Grazas David por tan fermosos relatos !!!

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa