lunes, 29 de junio de 2015

Chegamos ao remate do curso. Voltaremos en setembro con ilusións renovadas, novas actividades e moitas cousas máis.
Non esquezades:

BO VERÁN!!!!
DARLLE MOITO Á LINGUA.

martes, 23 de junio de 2015

ENTROIDO 2015


No entroido disfrazámonos de animais e enchemos o patio de cores.

Os raposos de 4 anos
RATIÑOS E RATIÑAS DE 5 ANOS
0S COELLOS DE 1º  E 2º

O GALIÑEIRO DE 5º
GATOS, GATIÑAS, TIGRES...OS DE 6º SON FELINOS
AS RAS DE 3 ANOS


Os máis pequeniños carretan castañas. Hai que chegar á meta.

Castañas asadas no bombo.
Xogo chapa-castaña.
Os pèquenos e o xogo da ra.

O MAGOSTO
Apunta ben. Mural lanza-castaña.
Comemos castañas polo magosto, pero tamém xogamos con elas
Coidado coa culler. Atención aos obstáculos...
A castaña de luva-luva....
Pasamos moito medo polo Samaín
Había moitos monstros


E tamén cabazas.
PARA AS LETRAS GALEGAS FIXEMOS CALIGRAMAS DE FILGUEIRA VALVERDE E FIXEMOS UN PEQUENO ACTO NO PATIO NA SÚA HOMENAXE
Un exemlpo dos caligramas

Investigamos sobre a súa vida e obra

Recitamos os seus poemas.

Pintamos a súa caricatura
Nenos e nenas de 2º recitan "Un repoludo gaiteiro"
CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA CON MOITAS CARICATURAS E CANTANDO NO PATIO OS SEUS POEMAS

Os máis pequenos desfrutan bailando Rock

 
Adaptamos fábulas para o kamishibai e desfrutamos delas na biblioteca
Aquí deixamos algunhas imaxes das acctividades realizadas ao longo do curso:

Rimos con Paula Carballeira 
Os máis pequenos disfrutaron do espectáculo.

lunes, 1 de junio de 2015

REFRÁNS MES XUÑO

Estes son os refráns recollidos polo alumnado que fan referencia ao mes de xuño:

Polo San Xoán, a sardiña molla o pan.

Ata o corenta de maio, non saques o saio.

Ata o corenta de maio, inda a vella queima o tallo.

Auga por San Xoán, quita viño e non dá pan.



Sae mirar se florecen os fentos...
Polo San Xoán, sacha as patacas e recolle o pan.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos