martes, 25 de febrero de 2014

Convidamos á festa de entroido

O EDLG do Manuel Respino convídavos á festa de ENTROIDO que terá lugar no patio este venres 28 de febreiro ás 15h. 15m. Desfrutaredes cos nosos variados, orixinais e coloridos disfraces e tamén coas lambetadas que degustaremos despois. Non faltedes. En vindeiros días publicaremos fotos da homenaxe que lle rendemos onte a Rosalía de Castro. Seguídenos. Tamén dicirvos que a exposición de caretas foi todo un éxito, hai un montón. O mesmo que os traballos de Rosalía, houbo moita participación. Temos que amosarvos o noso compadre. Quedounos moi guapo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos