viernes, 19 de diciembre de 2014

Felicitación de Nadal

O EDLG do C.E.I.P. Manuel Respino dséxavos un BO NADAL, próspero aninovo e que os Reis veñan moi cargados de agasallos e tamén de ledicia.
 Disfrutade moito das festas, cantade panxoliñas, comede lambetadas e non esquezades...





DARLLE MOITO Á LINGUA!!!!

viernes, 5 de diciembre de 2014


REFRÁNS  PARA  DECEMBRO



Decembro, mes de Nadal, mes de capón a carón.

Non esperes para Nadal o que non recolliches en maio.

Para que o ano non vaia mal, hanse encher 3 veces os ríos entre San Mateu e Nadal.

lunes, 10 de noviembre de 2014


REFRÁNS  PARA  NOVEMBRO

Polo San Martiño, castañas, noces e bo viño.
O que cava no mes de Santos, perde o tempo e o traballo.

REFRÁNS PARA O ANO

DO MES DE NOVEMBRO TEMOS OS SEGUINTES REFRÁNS:

A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.


Por Santos neve nos campos e por San Andrés nevaradas tres.


Bendito mes, que comeza con Santos e remata con San Andrés.


O que vai ao San Andrés e aló dorme, nun mes vai e noutro volve.


Polo San Martiño, acaba a sementeira e barra o teu viño.






 

jueves, 16 de octubre de 2014


O último día de clase do curso 2014/15 estiveron no centro Viravolta títeres cun espectáculo moi divertido. A quí tedes unha mostra.

VIRAVOLTA




























REFRÁNS PARA O ANO.

Refráns para o ano.

O pasado curso recollemos coa colaboración de todos vós algúns refráns que veredes publicados mes a mes. Aquí van os de outubro:




 Ano de moitos ourizos, non prepares o canizo.
Añadir leyendaXA VAI CHEGANDO O TEMPO DE PASAR POLO SOUTO PARA VER A COLLEITA.


San froilán, mete a rella e terás pan.
RECOLLERÁS NO VERÁN
O QUE SEMENTES NO OUTONO

viernes, 19 de septiembre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO



Benvid@s ao novo curso que comezamos con moitas ganas de darlle á lingua. A nosa lingua precisa de nós: Na aula, no patio, na casa, no parque, na rúa... Non o esquezades.
Ao longo do curso irémosvos informando das novas actividades, poñeremos fotos, vídeos e outras cousas do voso interese.
Feliz curso e como dixemos: DÁDELLE MOITO Á LINGUA.

viernes, 4 de julio de 2014

corte de lousa




                                              Corte de lousa


lunes, 30 de junio de 2014

O GALO KIRIKO


O  GALO  KIRIKO

Un grupo de nenos e nenas de de terceiro ciclo representaron a obra do Galo Kiriko para todos os alumnos de Educación Infantil na Biblioteca do Centro

miércoles, 25 de junio de 2014

LETRAS GALEGAS

O 16 DE MAIO FIXEMOS NO PATIO UNHA HOMENAXE A XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO
Os nenos/as de 5º  presentaron o acto e fixeron un pequeno resumo da vida e obra do autor.
Os máis pequenos desfrutan da actividade.
Alumnado de 6º lendo poesías do autor
Alumnado da escola de gaitas tocando o himno.

REVISTA ESCOLAR 2014


lunes, 23 de junio de 2014

MAGOSTO

Mural lanza-castaña.
As castañas no paracaídas.
Circuito culler-castaña.
Os máis pequenos coa ra castaña.
E.I. e a castaña de luva-luva

POSTAL GAÑADORA DO NADAL

Esta é a postal gañadora. É dun neno de 4º de primaria.
Parabéns Jairo

martes, 17 de junio de 2014

video esfoliando pizarra


Demostración da Exfoliación da lousa



martes, 27 de mayo de 2014

Video da louxa
O pasado 30 de abril, a nai dunha alumna de primeiro de primaria estivo no centro para facer unha exposición sobre a importancia da louxa na comarca de Valdeorras. Ao remate tamén fixeron unha demostración de como se traballa.
MOITAS GRAZAS A PAULA E AOS SEUS COLABORADORES.



domingo, 25 de mayo de 2014

MÁIS VIDEOS


viernes, 14 de marzo de 2014

                   Día grande do entroido

Aquí tedes algunhas fotos:

               
Os nenos/as pasárono pipa.


Os grandes tamén.

 

martes, 11 de marzo de 2014

                         Día de Rosalía

Aquí tedes algunhas fotos do acto que celebramos no patio.







viernes, 28 de febrero de 2014

              Mirade a nosa exposición de caretas, que exitazo:

Un repoludo gaiteiro


       
Nenos e nenas de primeiro.

jueves, 27 de febrero de 2014



Como xa vos dixen, a exposición de traballos de Rosalía foi todo un éxito. Aquí tedes unha mostra:


Os nenos  de infantil na lingua de Rosalía.

Todos traballan con Rosalía
Primaria con Rosalía

O 24 de febreiro todos con Rosalía.


martes, 25 de febrero de 2014

Convidamos á festa de entroido

O EDLG do Manuel Respino convídavos á festa de ENTROIDO que terá lugar no patio este venres 28 de febreiro ás 15h. 15m. Desfrutaredes cos nosos variados, orixinais e coloridos disfraces e tamén coas lambetadas que degustaremos despois. Non faltedes. En vindeiros días publicaremos fotos da homenaxe que lle rendemos onte a Rosalía de Castro. Seguídenos. Tamén dicirvos que a exposición de caretas foi todo un éxito, hai un montón. O mesmo que os traballos de Rosalía, houbo moita participación. Temos que amosarvos o noso compadre. Quedounos moi guapo.

martes, 18 de febrero de 2014

Ola, un ano máis volvemos estar aquí para facer algo pola nosa lingua, tarefa difícil nestes tempos pero se damos un pasiño por pequeno que sexa a satisfacción será moi grande.
  Temos moi cerca a festa do entroido co seguinte programa:
- Exposición de caretas no colexio.
- Creación de coplas para ler o día do desfile.
- O día 28 pola tarde faremos:
    . Desfile de disfraces.
    . Tómbola do alumnado.
    . Degustación de doces típicos destas festas aportados polas familias.

Xa publicaremos imaxes destas actividades.

Informamos tamén das seguintes actividades que temos previstas:
O vindeiro luns homenexearemos a ROSALÍA cunha exposición de traballos realizados polos nenos/as sobre a súa obra. Tamén recitaremos e cantaremos no patio o seu poema "Adios ríos, adios fontes"
 Ao longo do curso queremos contar convosco para que veñades ao cole a contarnos algún conto, lenda ou experiencia, compartilas cos nosos alumnos/as.
 Pedimos axuda para atopar "RAZÓNS PARA FALAR GALEGO".
 Estaremos en contacto.

FAGAMOS ALGO POLA NOSA LINGUA
   FALA GALEGO

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos