viernes, 7 de mayo de 2010

Letras Galegas

O pasado mércores, día 5 de maio, estivo connosco a compañía teatral de Muros A Xanela do Maxín para ofrecernos uns obradoiros de creación literaria. Todo o alumnado asistiu e cada grupo creou o seu conto. O vindeiro xoves volverán para representar a obra de títeres Chincha Rabincha, que compartiremos co alumnado de Larouco e da escola infantil A Galiña Azul. Tamén temos convocado un concurso literario entre o alumnado que agardamos teña éxito. Publicaremos fotos destas actividades.

1 comentario:

  1. hola, son mestra de 3 anos do CEIP Manuel Respino, tanto os obradoiros como a obra de títeres estiveron moi moi ben, e aos nenos e nenas encantoulles. Recoméndovos esta compañía: A Xanela do Maxín. Un saúdo!!

    ResponderEliminar

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa