domingo, 28 de febrero de 2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 O día 24 de febreiro conmemoramos no CEIP Manuel Respino o día de Rosalía con actividades como elaboración de marcapáxinas, realización de unidades didácticas sobre a autora, escoita de cancións e poemas de Rosalía, etc. A continuación deixamos unha imaxes deste día no noso centro.


                                                                        INFANTIL






















1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA




3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA







5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA E ORIENTACIÓN
















 

martes, 16 de febrero de 2021

O ENTROIDO NO MANUEL RESPINO

 A semana do 8 ao 12 de febreiro festexamos o entroido na escola, de luns a xoves seguimos as ordes do meco e o venres disfrazámonos libremente. 

Tamén fixemos manualidades e murais relacionados con esta festividade.

Aquí deixamos unhas pinceladas do noso entroido.














 


domingo, 7 de febrero de 2021

RECURSOS SOBRE O ENTROIDO

Comezamos a semana de entroido na escola, non vos esquezades de seguir as ordes do noso Meco peregrino, que podedes consultar na páxina web do centro. 

Fonte: Imaxe obtida de Galiciaunica.es


Tamén vos deixamos algúns recursos para traballar esta festividade. Esperamos que vos gusten!


-MANUALIDADES de entroido 

-VIDEO explicativo acerca do entroido galego

-Vive o entroido galego cos BOLECHAS

-Recompilación de ENLACES a diversas actividades relacionadas co entroido: actividades interactivas, actividades plásticas e recompilación doutros centros educativos.

O DÍA DA PAZ

 O pasado venres día 29 de xaneiro festexamos na escola o día da paz. En colaboración co equipo de extraescolares, fixemos murais, os nenos de primaria elaboraron poesías e aprenderon cancións relacionadas con esta temática.

Aquí mostramos algunhas pinceladas do día da paz.





MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa