martes, 18 de febrero de 2020

Semana de Entroido 2020

Comezamos a semana do Entroido do 2020 cos mandatos do noso Meco, que este ano é un oso. O luns mandounos traer algo da praia e desfrutamos como se estiveramos en agosto.




O martes ten un dito "En martes nin a cama mudes nin a roupa laves" polo que o Meco nos mandou vir en pixama.


Mañá mércores o Meco quere que nos poñamos un zapato de cada cor, cal será o resultado?




Día da Paz

O 6 de febreiro celebramos o Día da Paz levando a cabo xogos tradicionais galegos como son as carreiras de sacos, as gomas, o pano ou a pita cega.


Cando rematamos os xogos cantamos as cancións "Corazón de cremallera" e "Marea de gentes", e desfrutamos bailando as cancións do Día da Paz dos anos anteriores.


Por último fixemos entrega dun pequeno agasaio a Lola de 5º, a gañadora da postal de Nadal.


MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa