domingo, 24 de febrero de 2019

Recursos para o Entroido

Entroido

CHEGA O ENTROIDO (Culturagalega.org)
O ENTROIDO  (web educativa municipal do Concello da Coruña)
COLECCIÓN DE RECURSOS  (Cuaderno Intercultural)

ORIXES E RITOS DO ENTROIDO (Galicia Espallada)

O ENTROIDO (Vieiros)


 PARA XOGAR E FACER
LA FÁBRICA DE CARAS : xogo en flash (Vedoque)


 UN POUCO DE TODO:
CAZA DO TESOURO: O entroido tradicional en Galiza
          ·Ficha de recollida de información
 
O ENTROIDO: Cuestionario "on line" sobre o entroido (en O recanto de Mik)

PARA EDUCACIÓN INFANTIL: relación de recursos recompilados pola Escola Unitaria de Vide
ACTIVIDADES arredor do entroido de Vilaboa, elaboradas en ardora e jclic polo ENDL e o equipo TIC do Ceip Mestre Valverde Mayo

POESÍA: "O ENTROIDO" de Ana Mª Fernández


CARNEVALE: para facer as túas propias máscaras e complementos
 ENTROIDO 2011: recompilación de recursos da Coordinadora Galega de ENDL . Multitude de actividades e recursos.
LIM colaborativo, de Belén Junquera e outros.
ACTIVIDADES LIM, elaboradas no CRA Raíña Aragonta
 
 
 
 Disfrazalia é un portal dedicado ao mundo dos disfraces no que poderás atopar todo aquilo relacionado co feito de disfrazarse de forma orixinal e sinxela.





Un excelente material que recopila una buena selección de las más útiles ideas para el caso es “Disfraces divertidos para niños” libro de Emma Hardy, una edición que cuenta con una gran cantidad de diseños originales y divertidos para todos los gustos y estilos, seguro que tu niño encontrará allí el disfraz de sus sueños.

En este libro encontrarán hasta 15 disfraces de sus personajes de cuento e historias favoritas. Fabricados con lo que todos tenemos a mano en casa y fotografiados para demostrar que disfrazarse en un momento es mucho más fácil de lo que parece.

Para familias con niños de 3 a 9 años. Piratas y sirenas, reyes y princesas, bailarinas y superhéroes. Aquí encontrarás disfraces para cualquier ocasión. No es necesario ser un genio de la costura: verás cuánto partido le puedes sacar a algunos materiales cotidianos, con resultados espectaculares. Además, tu hijo puede colaborar contigo en algunas de las tareas: pintar, recortar, pegar... ¡Se lo pasará en grande!

El libro se divide en 7 partes: Príncipes y princesas, Animalitos, Grandes animales, ¡Qué miedo!, ¡Fiesta!, Aventuras y ¡Viajando! para ambientar el carnaval, la nochevieja, las fiestas... ¡o cualquier tarde de lluvia! Con fotografías y paso a paso ilustrado. Autora: Pilar Cebrián.
Disfrazalia Para facer un disfraz en tres pasos.

Caretas e antifaces

sábado, 23 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA NO CEIP MANUEL RESPINO

O pasado venres 22 de febreiro celebramos no noso centro o Día de Rosalía de Castro con diferentes actividades:
- Os nenos e nenas de Infantil representaron o poema "O moucho" cunha fermosa coreografía.
- Os nenos e nenas de Primaria recitaron e representaron varios poemas de Rosalía: "Vamos bebendo", "Silencio", "Alborada", "Unha vez tiven un cravo", "Un repoludo gaiteiro" e "Campanas de Bastavales"
- Todos xuntos cantamos "Adiós ríos, adiós fontes", na versión de Lucía Pérez.
- Elaboramos un mural colectivo co retrato de Rosalía ao estilo de Andy Warhol.
 
  
 

OS BOLECHAS

A Consellería de Medio Ambiente puso en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), co fin de que as novas xeracións coñezan a importancia de tratar adecuadamente este lixo. Para axudar nesta importante mensaxe, os Bolechas convertéronse nos Electrecos, superheroes da reciclaxe de RAEE.
Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e, como non, Ecochispa visitaron aos alumnos de 3º e 4º do noso colexio e foron os encargados de explicar de forma amena e moi didáctica pautas e coñecementos para o correcto tratamento dos residuos, ao tempo que recrutan novos superheroes nos centros educativos de Galicia para formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.
Xunto coas visitas presenciais, ponse en marcha a área virtual www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas, con material informativo e didáctico, así como xogos e actividades para que todos os centros educativos da comunidade poidan traballareste tema.

 
 
 
 

sábado, 9 de febrero de 2019

ACTIVIDADES INTERACTIVAS: DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO
(1837 - 1885)
 


Nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do ano 1837, Foi bautizadacos nomes de María Rosalía Rita.
En 1856 Rosalía trasládase a Madrid. Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859).
En 1863 apareceu (en Vigo) o seu primeiro grande libro, "Cantares Gallegos", sen dúbida a base de todo o rexurdimento literario e non literario da Nosa Terra.
A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid.
En 1884 publica en castelán En las orillas del Sar.
Rosalía nunca foi unha muller forte e en 1885 agrávase o cancro que padecía, por iso decide pasar unha tempada en Carril, na ría de Arousa, xa que antes de morrer quería ve-lo mar. 
Ós 48 anos, o día 15 de xullo de 1885,  morre en Padrón, donde levaba tempo morando, na casa da Matanza que hoxe está convertida en museo.
Foi enterrada no cemiterio da Adina, na igrexa parroquial de Iria, á que ela cantara nuns preciosos versos de Follas Novas. 
O 25 de maio de 1891 os seus restos foron trasladados á igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago, ó Panteón de Galegos Ilustres, onde repousa na actualidade.
No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación. Con tal motivo a AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) promove unha serie de actividades para conmemorar o nacemento da nosa poetisa máis ilustre.Este ano ten especial relevancia a súa obra Cantares Gallegos, pois cúmprense 150 anos da súa publicación.


Aqui deixamos un video editado polo Equipo do EDLG do CEIP Manuel Respino a disposición de toda a Comunidade Educativa:




Aquí agora podes aprender máis sobre Rosalía xogando...

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa