domingo, 5 de noviembre de 2017

CONMEMORACIÓN DO MAGOSTO 2017

Un ano máis, grazas as aportacións de castañas que fixo o noso alumnado, poidemos gozar dunha xornada gastronómica, deportiva e festiva.
Como xa vén sendo habitual, durante o recreo comemos as castañas acompañadas de zumes e auga. máis tarde, en colaboración con Javi, mestre de EF, e a colaboración de todo o profesorado, realizamos unha serie de xogos populares con castañas. Pasámolo xenial!!!

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa