domingo, 13 de diciembre de 2015

NADAL

 FELICITACIÓN DE NADAL 2015

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexámoslles pasen unhas Felices Festas e que o Aninovo 2016 sexa Próspero e Venturoso para todos.

Velaí vai a nosa Felicitación máis especial.



Investigamos sobre a figura do Apalpador.
Debuxámolo e fixemos un enorme Apalpador para a entrada do colexio.

  E recibimos a visita do Apalpador

 

DIA DA NON VIOLENCIA

Para conmemorarmos o día da NON VIOLENCIA, cada un de nós deixou a pegada da súa man nun mural onde, ademáis,  se colocaron lemas e mensaxes a favor da Non Violencia.

Nenos de infantil contra a violencia de xénero

O MAGOSTO

Polo San Martiño, celebramos o magosto no colexio.

Fixemos un mural da Castañeira


 

 

 

 

E houbo xogos e obradoiros diversos:

 

 


Os nenos e nenas de Infantil transportaron castañas cunha carretilla,




Fixeron bonequiñas con castaña

E tamén encestaron castañas  nunha rá


 

 

 

  

Xogo de "A castaña por detrás"

 

 

 Percorremos un circuito cun 

prato de castañas na cabeza.

 

 

 

 

 

 

 Cantamos unha canción en galego sobre O Magosto.

 

  

 

 

 

 

 

E rematamos a festa degustando unhas exquisitas castañas asadas. 



 

¡Moitas grazas Agustín!.

O Samaín

     Este ano decoramos unha morea de cabazas.




Tamén o pasamos fenomenal no "túnel do terror".

Qué medo!!!!!


Escoitamos historias arrepiantes!!!

Fixemos un montón de debuxos e inventamos contos de medo.


 

Enchemos o colexio de meigas e trasnos!

  

 


E foi moi divertido saber quén é  O Tardo.


MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa