lunes, 2 de febrero de 2015

REFRÁNS PARA FEBREIRO

Estes son os refáns recollidos por vós referentes ao mes de febreiro:

Febreiro, 
sete capas e un sombreiro.

Se a Candeloria chora 
medio inverno vai fóra.
Que chore que deixe de chorar, 
a metade do inverno está sen pasar.

Se durara máis febreiro, 
non quedaba can nin gato 
nin ovella nin carneiro 
nin orella ao pegoreiro.

Come máis unha xeada de febreiro
ca todos os cabalos do reino.

Se queres ter abellas
míraas polas Candeas,
Se queres ter mel,
míraas polo San Miguel.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa