viernes, 19 de septiembre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO



Benvid@s ao novo curso que comezamos con moitas ganas de darlle á lingua. A nosa lingua precisa de nós: Na aula, no patio, na casa, no parque, na rúa... Non o esquezades.
Ao longo do curso irémosvos informando das novas actividades, poñeremos fotos, vídeos e outras cousas do voso interese.
Feliz curso e como dixemos: DÁDELLE MOITO Á LINGUA.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa