viernes, 25 de junio de 2010

OBRA DE TITERES CHINCHA RABINCHA

Para o Día das Letras Galegas tivemos a compañía de Muros "A Xanela do Maxín" que nos ofreceron unha representación de títeres chamada "Chincha Rabincha", a cal lle gustou moito a nenos e maiores.

jueves, 24 de junio de 2010

CONCURSO LITERARIO

Desde o noso ENDL propuxemos un concurso literario do que vos amosamos algunhas fotos. Os nenos e nenas deixaron voar a súa imaxinación para encher unhas pequenas follas de aventuras nunca antes inventadas e debuxos fantásticos!!!

OUTRAS ACTIVIDADES

Ao longo do curso tamén se fixeron actividades como a de participar no concurso de reciclaxe proposto desde o Concello de a Rúa. Os nenos e nenas, ben por grupos ou individualmente podían facer un collage, conto,... utilizando materiais de reciclaxe.
A participación foi moi boa por parte de todos. Expuxéron os traballos no centro cultural da vila onde tamén entregaron os premios. Por certo, houbo agasallos para todos os participantes e tamén un bonito diploma. Tamén tivemos cinco premios no colexio polo que gañamos cinco trofeos.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo do Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxío Novoneyra, fixemos unha exposición de carteis no taboleiro da entrada do colexio. Os carteis facían un percorrido pola vida e obra de dito autor.

DESFILE ENTROIDO

Aquí vos mostramos máis fotos do día do desfile de entroido no colexio.

ACTUACIÓN MAGO TETO

No mes de decembro tivemos no colexio a actuación do mago Teto para todos os nenos e nenas do colexio. Foi un espectáculo máxico!!!!

O MAGOSTO

Aquí tedes algunhas fotos do día no que celebramos o magosto no colexio. Fixemos, no patio do colexio, varios xogos relacionados coas castañas como a "Castaña luva luva", a rá-castaña, cicuito culler-castaña etc. Participaron todos os nenos e profesores do cole. Asamos castañas nunha fogueira e logo comemolas.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa