domingo, 14 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021

 O magosto é unha das nosas festas más tradicionais, e canto nos gusta festexalo! 

A semana pasada fixemos na escola distintas actividades relacionadas co magosto. Nas aulas fixemos manualidades, murais e xogos relacionados con esta festividade. O venres 12 celebrámolo no patio con xogos tradicionais e degustación de castañas e boliños de pan con chourizo.

Algúns dos xogos que realizamos foron:

-Infantil: "Carreta as castañas na carretilla", "Leva a castaña polo camiño" e "A castaña polo aro"

-Primaria: "Encesta a castaña", "Transporta a castaña", "O circuíto da castaña", "3 en raia con castañas" e "Pon cara á castaña".

Para participar nos xogos distribuímonos en 2 turnos  (de 10:00h a 11:15h o primeiro e de 12:30 a 13:45h o segundo). No primeiro turno realizaron os xogos o alumnado de infantil, 1º, 2ºA, 2ºB e 3ºA. No segundo turno xogou o alumnado de 3ºB, 4º, 5º e 6º. Sempre respectando os grupos burbulla e as medidas do protocolo Covid do centro.

Nos tempos de recreo comemos os boliños e as castañas, acompañados de música. 

A continuación deixamos unha pequena mostra do noso magosto, que divertido!
















miércoles, 3 de noviembre de 2021

martes, 2 de noviembre de 2021

viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN 2021

Un ano máis festexamos o Samaín na escola. Os equipos de Dinamización da Lingua Galega, Actividades Complementarias e Extraescolares, Biblioteca e TICs coordinámonos para levar a cabo diversas tarefas sobre esta festividade.


-Creamos un mural na entrada do centro, que invita a xogar con elementos do Samaín. Por exemplo, encontrar o gato ou a bruxa diferente. 
O alumnado do terceiro ciclo de primaria colaborou na elaboración do mural.



-Elaboramos un photocall terrorífico de Samaín co que inmortalizamos bos momentos.


-Ambientamos as nosas aulas con elementos moi terroríficos. Tamén fixemos manualidades de moito medo na materia de plástica



- Gravamos audio contos de medo en galego nos que o alumnado deu voz aos personaxes. Logo o equipo de TICs elaborou a montaxe e publicounos na páxina web. Podedes visualizalos pinchando aquí

-En colaboración coas familias, o alumado do centro elaborou merendas terroríficas e decorou cabazas. Que artistas!

-E para rematar ben a semana, o alumnado e profesorado que así o desexou acudiu disfrazado e puidemos aprender, bailar, merendar e festexar o Samaín!


Que viva o Samaín!

martes, 8 de junio de 2021

REVISTA ESCOLAR "A LAVERQUIÑA"

Xa temos dispoñible a revista escolar deste curso académico!


Este ano realizámola en formato dixital. Pincha aquí para acceder aos contidos completos da revista. Logo debes pinchar enriba de cada curso ou especialidade e así veras as páxinas correspondentes a cada un deles.

Desde o EDLG queremos agradecer a participación de todo o profesorado e alumnado do CEIP Manuel Respino.

 Esperamos que vos guste!!

lunes, 17 de mayo de 2021

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON XELA ARIAS

 Hoxe celebramos unha das conmemoracións máis relevantes: o día das letras galegas. O alumnado do CEIP Manuel Respino estivo traballando moito acerca desta festividade e da autora homenaxeada: Xela Arias. Aqú vos deixamos unha mostra dos traballos realizados:

-Os máis cativos, os nenos e nenas de infantil, elaboraron murais coas súas palabras preferidas en galego. Tamén viron contos e vídeos sobre a autora, e realizaron unidades didácticas.





-Os nenos e nenas de primaria fixeron minilibros sobre a autora, murais, unidades didácticas, xogos interactivos... 




-E o alumnado de primaria tamén decorou as súas palabras preferidas en galego, e con todas elas creamos este mural na entrada do colexio. 



MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos