lunes, 8 de marzo de 2021

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 8 de marzo, un día sinalado para todos por ser o día da muller traballadora. Para facer mención a isto, os nenos e nenas do CEIP Manuel Respino fixeron diversas actividades, son uns artistas! 

Aquí deixamos unha mostra das mesmas.

INFANTIL: Os nenos/as deste ciclo fixeron debuxos das súas mulleres traballadoras, cos que logo farán un libriño para a aula.

























1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Os alumnos/as deste curso traballaron sobre Frida e fixeron este mural para conmemorar este día.


3º EDUCACIÓN PRIMARIA: Os nenos/as de 3º investigaron acerca de mulleres científicas. Fixeron un mural e vídeos explicativos sobre o que aprenderon das mulleres científicas.








4º EDUCACIÓN PRIMARIA: Realizaron unha tarefa conxunta que consistíu en escribir en cada flor un adxetivo, para posteriormente construir unha maceta de cualidades das mulleres, e así de ben quedou!











domingo, 28 de febrero de 2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 O día 24 de febreiro conmemoramos no CEIP Manuel Respino o día de Rosalía con actividades como elaboración de marcapáxinas, realización de unidades didácticas sobre a autora, escoita de cancións e poemas de Rosalía, etc. A continuación deixamos unha imaxes deste día no noso centro.


                                                                        INFANTIL






















1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA




3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA







5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA E ORIENTACIÓN
















 

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos