martes, 10 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020

O 21 de febreiro celebramos o entroido no noso colexio. A temática de este ano eran xogos e xoguetes polo que tivemos moita variedade. Antes de por o noso disfrace desfrutamos dunha boa "merendola" con chocolate e doces que nos trouxeron as familias.




martes, 18 de febrero de 2020

Semana de Entroido 2020

Comezamos a semana do Entroido do 2020 cos mandatos do noso Meco, que este ano é un oso. O luns mandounos traer algo da praia e desfrutamos como se estiveramos en agosto.




O martes ten un dito "En martes nin a cama mudes nin a roupa laves" polo que o Meco nos mandou vir en pixama.


Mañá mércores o Meco quere que nos poñamos un zapato de cada cor, cal será o resultado?




Día da Paz

O 6 de febreiro celebramos o Día da Paz levando a cabo xogos tradicionais galegos como son as carreiras de sacos, as gomas, o pano ou a pita cega.


Cando rematamos os xogos cantamos as cancións "Corazón de cremallera" e "Marea de gentes", e desfrutamos bailando as cancións do Día da Paz dos anos anteriores.


Por último fixemos entrega dun pequeno agasaio a Lola de 5º, a gañadora da postal de Nadal.


martes, 19 de noviembre de 2019

Magosto 2019



O luns 11 de novembro levamos a cabo a celebración do magosto no noso centro.

Pero como non todo iba ser comer, primeiro levamos a cabo varios xogos populares con castañas. Máis tarde, vendo que o tempo non acompañaba,entramos ó comedor onde desfrutamos duns bolos preñados, castañas e un chocolate quentiño.
Gustaríanos agradecer a colaboración dalgúns papás que nos asaron as castañas; e por suposto ás nenas e nenos da  Galiña Azul, que viñeron xogar acompañados das súas coidadoras.

Desfrutade das nosas fotos: 









miércoles, 13 de noviembre de 2019

SAMAIN 2019


SAMAÍN 2019


O último mércores de outubro celebramos o Samaín no noso centro con divertidas e terroríficas actividades.
Comezamos decorando o noso centro con murais e manualidades. E sobre todo, coas cabazas e vasoiras que prepararon os nenos e nenas coa colaboración das súas familias.
Gustaríanos dar as grazas a todas esas familias que colaboraron cunhas merendas terroríficas boísimas. 
A xornada comezou co esperado túnel do terror, onde todos o pasamos de "medo", e a continuación desfrutamos dun corto arrepiante.
Logo, no patio, desfrutamos comendo, cantando e bailando. 

jueves, 16 de mayo de 2019

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

Este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Antón Fraguas.
Traballamos nas aulas mediante unidades didácticas e actividades interactivas. Expuxemos murais e libros sobre o autor.
No patio, lemos a súa biografía e recitamos cantigas que recolleu este autor, como o casamento do piollo e maila pulga, o bolo, Carpinteiro de Ribeira... e tamén disfrutamos dunha magnífica banda de música tradicional, composta polo alumnado do noso centro.
Entregamos tamén os premios ao alumnado gañador do concurso "Sábelo ti?" e "Receitas da avoa".
A continuación podemos ver algunhas fotos deste evento. Feliz Día das Letras Galegas!!
 
 

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos