miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN 2018:

Un ano máis na última semana do mes de outubro celebramos o Samaín no noso centro con divertidas e terroríficas actividades.
Comezamos decorando o noso centro con diferentes murais e manualidades. E sobre todo, coas cabazas e vasoiras que prepararon os nenos e nenas coa colaboración das súas familias.
 
En primeiro lugar, temos que dar as grazas a todas esas familias que colaboraron cunhas merendas terroríficas que estaban moi ricas. E tamén a colaboración no noso centro axudando a organizar as mesas, comidas e bebidas. Grazas de corazón!!
    
Foi tamén unha xornada moi motivante para o noso alumnado por varios motivos. Por un lado, o esperado túnel do terror, cheo de ruidos estranos e obxectos arrepiantes; e o visionado de cortos de medo na Biblioteca, ambientada para a ocasión. E, por outro lado, a visita das compañeiras de Telemiño e o xornal "La Región" que entrevistaron a profes e cativos sobre esta conmemoración. (Atentos á páxina web onde informaremos cando sae o artigo no xornal).
  
Logo, no patio, cantamos entre todos a canción do Samaín e os nenos e nenas de 4º de Primaria representaron o baile zombie: "This is Halloween". Rematamos comendo esas terroríficas merendas e cun gran baile. Pasámolo xenial!!!
 

sábado, 22 de septiembre de 2018

BENVIDOS/AS A UN NOVO CURSO 2018-2019:

Ao longo do curso veremos diferentes novidades en canto as actividades organizadas desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Unha delas será sen dúbida un concurso no que queremos que participe o noso alumnado para afondar no coñecemento do patrimonio cultural galego.

Este concurso leva por título "Sábelo ti?" e nesta ocasión trataremos de buscar a opción correcta de entre catro posibles respostas a unha pregunta dada.

Este concurso levarase a cabo desde outubro ata o mes de maio e aos tres primeiros daraselle un agasallo no Fin de curso.

Para participar pódese introducir a papeleta co nome do alumno/a, curso e resposta correcta na caixa que haberá no recibidor do centro ou ben participar a través da páxina web ou do blogue do EDLG.



domingo, 24 de junio de 2018

A LAVERQUIÑA Nº 30 - EDICIÓN DIXITAL


Podes acceder á revista en cor premendo na seguinte icona:

A Laverquiña - Nº 30 - CEIP Manuel Respino 


 Tamén a podes ver no seguinte enlace:

https://sites.google.com/site/alaverquina/



martes, 8 de mayo de 2018

lunes, 26 de febrero de 2018

domingo, 25 de febrero de 2018

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA NO CEIP MANUEL RESPINO

O venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro vendo videos sobre a súa vida e obra, xogando na Pizarra Dixital Interactiva (PDI) e lendo e recitando poemas da autora. Ademais, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaboramos un díptico con información sobre a autora que compartiron coas súas familias. Picando na imaxe do dìptico podedes acceder a súa información.

Aqui podemos ver algunhas fotos do evento e da ambientación no centro:





MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos