viernes, 19 de diciembre de 2014

Felicitación de Nadal

O EDLG do C.E.I.P. Manuel Respino dséxavos un BO NADAL, próspero aninovo e que os Reis veñan moi cargados de agasallos e tamén de ledicia.
 Disfrutade moito das festas, cantade panxoliñas, comede lambetadas e non esquezades...





DARLLE MOITO Á LINGUA!!!!

viernes, 5 de diciembre de 2014


REFRÁNS  PARA  DECEMBRO



Decembro, mes de Nadal, mes de capón a carón.

Non esperes para Nadal o que non recolliches en maio.

Para que o ano non vaia mal, hanse encher 3 veces os ríos entre San Mateu e Nadal.

lunes, 10 de noviembre de 2014


REFRÁNS  PARA  NOVEMBRO

Polo San Martiño, castañas, noces e bo viño.
O que cava no mes de Santos, perde o tempo e o traballo.

REFRÁNS PARA O ANO

DO MES DE NOVEMBRO TEMOS OS SEGUINTES REFRÁNS:

A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.


Por Santos neve nos campos e por San Andrés nevaradas tres.


Bendito mes, que comeza con Santos e remata con San Andrés.


O que vai ao San Andrés e aló dorme, nun mes vai e noutro volve.


Polo San Martiño, acaba a sementeira e barra o teu viño.






 

jueves, 16 de octubre de 2014


O último día de clase do curso 2014/15 estiveron no centro Viravolta títeres cun espectáculo moi divertido. A quí tedes unha mostra.

VIRAVOLTA




























REFRÁNS PARA O ANO.

Refráns para o ano.

O pasado curso recollemos coa colaboración de todos vós algúns refráns que veredes publicados mes a mes. Aquí van os de outubro:




 Ano de moitos ourizos, non prepares o canizo.
Añadir leyendaXA VAI CHEGANDO O TEMPO DE PASAR POLO SOUTO PARA VER A COLLEITA.


San froilán, mete a rella e terás pan.
RECOLLERÁS NO VERÁN
O QUE SEMENTES NO OUTONO

viernes, 19 de septiembre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO



Benvid@s ao novo curso que comezamos con moitas ganas de darlle á lingua. A nosa lingua precisa de nós: Na aula, no patio, na casa, no parque, na rúa... Non o esquezades.
Ao longo do curso irémosvos informando das novas actividades, poñeremos fotos, vídeos e outras cousas do voso interese.
Feliz curso e como dixemos: DÁDELLE MOITO Á LINGUA.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos