miércoles, 15 de diciembre de 2010

A RÚA NEVADA

Coa chegada de decembro tivemos unha inesperada visita: A NEVE! Deixámosvos unha imaxe para o recordo. Un saúdo.

BO NADAL

O ENDL do CEIP Manuel Respino deséxavos un Bo Nadal. Saúde e ilusión para comezar o ano vindeiro, 2011. Seguiremos a traballar máis e mellor na nosa tarefa. Unha aperta! Moitas grazas pola colaboración na recollida de lendas en torno o Apalpador.

lunes, 22 de noviembre de 2010

MAGOSTO 2010

O pasado venres 5 de novembro celebramos no colexio o Magosto. O tempo acompañou e pásamolo moi ben. O alumnado de terceiro ciclo saíu ata o Aguillón como xa é costume doutros anos. Aí tedes varias fotografías que retratan este día.

jueves, 4 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O venres pasado (29 de outubro), presentamos unha exposición de cabazas no centro con motivo do Samaín. Aquí tedes algunha proba.

viernes, 25 de junio de 2010

OBRA DE TITERES CHINCHA RABINCHA

Para o Día das Letras Galegas tivemos a compañía de Muros "A Xanela do Maxín" que nos ofreceron unha representación de títeres chamada "Chincha Rabincha", a cal lle gustou moito a nenos e maiores.

jueves, 24 de junio de 2010

CONCURSO LITERARIO

Desde o noso ENDL propuxemos un concurso literario do que vos amosamos algunhas fotos. Os nenos e nenas deixaron voar a súa imaxinación para encher unhas pequenas follas de aventuras nunca antes inventadas e debuxos fantásticos!!!

OUTRAS ACTIVIDADES

Ao longo do curso tamén se fixeron actividades como a de participar no concurso de reciclaxe proposto desde o Concello de a Rúa. Os nenos e nenas, ben por grupos ou individualmente podían facer un collage, conto,... utilizando materiais de reciclaxe.
A participación foi moi boa por parte de todos. Expuxéron os traballos no centro cultural da vila onde tamén entregaron os premios. Por certo, houbo agasallos para todos os participantes e tamén un bonito diploma. Tamén tivemos cinco premios no colexio polo que gañamos cinco trofeos.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos