martes, 23 de junio de 2015

Nenos e nenas de 2º recitan "Un repoludo gaiteiro"
CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA CON MOITAS CARICATURAS E CANTANDO NO PATIO OS SEUS POEMAS

Os máis pequenos desfrutan bailando Rock

 
Adaptamos fábulas para o kamishibai e desfrutamos delas na biblioteca
Aquí deixamos algunhas imaxes das acctividades realizadas ao longo do curso:

Rimos con Paula Carballeira 
Os máis pequenos disfrutaron do espectáculo.

lunes, 1 de junio de 2015

REFRÁNS MES XUÑO

Estes son os refráns recollidos polo alumnado que fan referencia ao mes de xuño:

Polo San Xoán, a sardiña molla o pan.

Ata o corenta de maio, non saques o saio.

Ata o corenta de maio, inda a vella queima o tallo.

Auga por San Xoán, quita viño e non dá pan.



Sae mirar se florecen os fentos...
Polo San Xoán, sacha as patacas e recolle o pan.

jueves, 21 de mayo de 2015

REFRAÁNS PARA O MES DE MAIO

Estes son os refráns recollidos para o mes de maio:

Maio, flores de moitas cores.

Are quen arou, que maio xa pasou.

Chova en abril e maio, e non chova en todo o ano.

lunes, 13 de abril de 2015

REFRÁNS PARA O MES DE ABRIL

Nunca choveu que non escampara.

En abril augas mil.

Se ves a cobra antes de San Marcos,inda verás a neve nos campos.

Seméntesme tarde seméntesme cedo,ata o mes de abril non me verás o pelo.

A vella que soubo vivir, gardou pan para maio e leña para abril.

En abril queima a moza o mandil.
 



lunes, 2 de marzo de 2015

REFRÁNS PARA MARZO

Estes son os refráns que fan referencia ao mes de marzo:

Martes de Entroido e día de Pascua,
cada larpeiro na súa casa.

Marzo marzán, pola mañá cariña de rosa
e pola tarde cara de can.

Cando marzo ven quente,
trae o demo no dente.

Marzo marzal, de mañá inverno,
de tarde verán.





MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos