domingo, 13 de mayo de 2012

ENTROIDO 2012


Unha pequena mostra da exposición de máscaras do entroido e o meco, que tamén estivo presente no noso centro.

viernes, 6 de enero de 2012

FELIZ 2012! DÁDELLE MOITO A LINGUA

Amosámosvos un vídeo do colexio de Cea. Disfrutádeo tanto coma nós e dádelle moito a lingua neste 2012! http://www.youtube.com/watch?v=15iM-MVNG7Q

NADAL 2011

Presentámosvos a tarxeta que o ENDL escolleu para felicitarvos nestas festas. Corresponde a Vicky, unha alumna de 6º de Educación Infantil. Feliz 2012 para tod@s!

SAMAÍN 2011

Máis vale tarde que nunca. Aquí tedes as nosas cabazas decoradas durante a semana do Samaín.

domingo, 1 de mayo de 2011

TÍTERES "PEDRO E O LOBO" (12 de abril)

O pasado 12 de abril tivemos a grata oportunidade de asistir a actuación de títeres "Pedro e o Lobo" no noso centro. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aí tedes a proba...

miércoles, 6 de abril de 2011

CONTACONTOS BOCABERTA

No pasado mes de marzo viñeron ata o noso centro uns contacontos de Bocaberta e contaxiáronnos de maxia e ledicia por uns intres. A actuación tivo como público ao alumnado de Educación Infantil e primeiro de ciclo de Educación Primaria.

MENÚS DA VILA EN GALEGO

Dende o ENDL propuxémoslle a algúns restaurantes da vila de A Rúa, na que se atopa o noso colexio, a posibilidade de ofrecer os menús tamén en lingua galega.

De momento a resposta foi positiva por parte dos restaurantes "Oeste" e "Lareira", e nalgúns casos a carta xa se atopaba en galego.

Seguiremos ofertando a proposta aos demais restaurantes e prestándolles a nosa axuda para traducir os menús.

¡Esperamos a súa colaboración!

Popular Posts

SOBRE NÓS


Este blog foi creado

polo Equipo de

Normalización

Lingüistica do CEIP

Manuel Respino de

A Rúa

Archivos